Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46610

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2980/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2980/2011-RF- desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, José Antonio García Sánchez e empresa Caoten, sobre accidente, se ditou sentenza con data do 10 de outubro de 2013 e con data do 31 de outubro de 2013, auto de aclaración da devandita sentenza, cuxas partes dispositivas, respectivamente, son as seguintes:

«Resolvemos que estimando os recursos de suplicación interpostos pola letrada da administración da Seguridade Social, na representación que posúe do Instituto Nacional da Seguridade Social, e por José Antonio García Sánchez, contra a sentenza do 14 de febreiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, en autos seguidos por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra os recorrentes, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Caoten, S.A., sobre determinación de continxencia de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Unha vez sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, as condicións e a contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (remuneración da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

A sala acorda:

Aclarar e rectificar o erro de transcrición contido na resolución da sentenza, no sentido de substituír o termo “estimando” por “desestimando”.

Notifíquese ás partes, advertíndolles que contra esta resolución non cabe recurso ningún. Malia o dito no parágrafo anterior, xa que se debe entender que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpor o recurso que proceda contra a devandita resolución reiníciase a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións tivese xa presentado, preparado ou anunciado o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación considérase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Caoten, con último domicilio coñecido en n Newton, S.A., 2º A, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de novembro de 2013

A secretaria xudicial