Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de actividades en estación de servizo na Rabilonga (Noche).

Serviferedo, S.L., con NIF B27254218, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de actividades en estación de servizo que se situará no lugar da Rabilonga-Noche (Vilalba-Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 11 de novembro de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde