Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46481

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación da subministración en lote único de lubricantes con destino ao taller de maquinaria durante o ano 2014.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración en lote único, de lubricantes con destino ao taller de maquinaria da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2014, cun tipo de licitación de 40.733,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84, ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 14 de novembro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense