Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46479

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública sobre o Plan especial de protección do núcleo da Ponte Ulla.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno da Corporación do 23 de outubro de 2013, o proxecto do Plan especial de protección do PEI-1. Núcleo da Ponte Ulla, previsto no vixente Plan xeral de ordenación municipal, que afecta o ámbito de solo previsto no vixente Plan xeral de ordenación municipal, na parroquia da Ponte Ulla, cualificado como solo urbano.

De conformidade co disposto no artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios que se publicarán en dous xornais da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen, de ser o caso, as alegacións que se consideren pertinentes.

Vedra, 7 de novembro de 2013

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde