Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46478

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de traslado de restos mortuorios.

Dosinda Vázquez Pena solicitou neste concello o traslado dos restos de María Pena Campo, enterrada no cemiterio de San Vicente de Rial no panteón de María del Carmen López Vázquez, ao panteón de Manuel Varela e Dosinda Vázquez no cemiterio de San Xosé de Alborín.

O que se pon en coñecemento da entidade propietaria e dos interesados cunha antelación de tres meses mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia, no DOG e nos xornais de maior circulación da provincia, co fin de que as familias dos inhumados poidan adoptar as medidas que o ordenamento xurídico lles permita.

Val do Dubra, 8 de novembro de 2013

Ramón Varela Mariño
Alcalde presidente