Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do día 7 de novembro de 2013, o proxecto de modificación puntual nº 3 do Plan xeral de ordenación municipal, de acordo cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, publicarase o anuncio nun xornal dos de maior difusión na zona.

Durante o dito prazo, calquera persoa interesada poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Ribadumia, 8 de novembro de 2013

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa=