Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de ampliación do prazo de xustificación de subvencións.

Por Decreto da Alcaldía núm. 13011595 do libro de resolucións, do 26 de novembro de 2013, acordouse a ampliación do prazo de xustificación das subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro de carácter veciñal, educativo, profesional e de ambiente, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento de equipamentos, exercicio 2013.

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 27 de novembro de 2013

Manuel Núñez López
Tenente de alcalde delegado de Servizos Xerais e Participación Cidadá