Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46475

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial para almacén de material de construción no polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea.

Construcciones J. Isidro, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para o proxecto de nave industrial para almacén de material de construción na parcela número 22 do polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea, do concello de Castro de Rei.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 8 de novembro de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde