Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 14 de novembro de 2013, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-20.13, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-20.13 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Advírtese ao interesado que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-20.13.

Interesado: Alexandre Miguel Fernández Barbosa. Compra y Venta de Madera.

Último enderezo coñecido: Parada, Cerquido, nº 7, 36475 O Porriño, Pontevedra.

Feitos imputados: corta de árbores e abandono dos seus restos, danos e estragos ocasionados polo uso de maquinaria pesada nas pistas forestais e a apertura de pista para sacar a madeira, no contorno de protección do castro de Santa Tegra, no Concello da Guarda (Pontevedra), sen contar coa autorización previa e preceptiva da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.