Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 12 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se empraza a Laura Ces Viqueira para ser notificada por comparecencia en materia de reintegro de pagamentos indebidos.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase a Laura Ces Viqueira para ser notificada por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, número 2, 7º andar, do Edificio Administrativo Monelos, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (Sección de Nóminas).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 12 de novembro de 2013

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña