Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46157

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (900/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 900/2012 por instancia de Raúl Moreno Caballero contra LLanera Logística, S.L., sobre cantidade, nos cales no día 4 de novembro se ditou auto de nulidade de actuacións e o 5 de novembro se ditou sentenza cuxas partes dispositivas din textualmente:

Parte dispositiva:

Desestimar a petición de aclaración da Sentenza do 12 de xuño de 2013 e declarar a súa nulidade, ao non se ter resolto nela todas as cuestións obxecto de debate, e déixanse sen efecto, e quedan novamente os autos para ditar a sentenza que corresponda.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor ningún recurso.

Así o acorda e asina Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido. Dou fe.

Ditame:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Raúl Moreno Caballero contra Llanera Logística, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a LLanera Logística, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 12.079,54 € brutos, polos salarios devindicados nos meses de marzo a setembro de 2012, pagas de xullo e nadal de 2011, e xullo de 2012, a parte proporcional das pagas extras de pagas de nadal de 2012, e marzo e xullo de 2013, as diferenzas por revisión salarial de 2012, entre xaneiro e abril, e 6.237 € brutos por axudas de custo, quilometraxe e un festivo entre maio e setembro de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Llanera Logística, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de novembro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial