Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46156

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (344/2013).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento JVB 344/2013, seguido por instancia de Financiera El Corte Ingles EFC, S.A. fronte a Antonio José de Sousa Filho, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Xuízo verbal número 344/2013.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: Financiera El Corte Inglés EFC, S.A.

Avogado: Sr. Martínez-Olivares Gómez.

Procuradora: Sra. Sánchez Silva.

Demandado: Antonio José Sousa Filho (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade.

Resolución

Estimo integramente a demanda presentada por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. contra Antonio José Sousa de Filho e condeno o demandado a aboar á demandante a suma de 1.477,66 euros.

Todo iso con imposición ao demandado das custas procesuais.

E encontrándose o devandito demandado, Antonio José de Sousa Filho, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2013

A secretaria xudicial