Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 70/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento MT por acondicionamento de conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea GRN-708, tramo II, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,165 km, con orixe no apoio nº 45 existente que se vai substituír por un tipo C-3000/22 da LMT GRN-708, onde se realiza o entroncamento da derivada aos CCTT Agarimo (expediente 30.572) e Ponte (expediente 115/2008), con retensamento do condutor existente tipo LA-56/54,6 mm², e final no apoio nº 45-2 existente que se vai substituír por un tipo C-3000/18 da LMT GRN-708, no tramo da derivada aos CCTT Agarimo (expediente 30.572) e Ponte (expediente 115/2008), con substitución do apoio intermedio nº 45-1 por un tipo CH-1000/15.

– Liña de media tensión aérea GRN-708, tramo III, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,110 km, con orixe no apoio nº 45-4-2 existente da LMT GRN-708, no tramo da derivada ao CT Ponte (expediente 115/2008), condutor tipo LA-56/54,6 mm², e final no apoio nº 45-4-3 existente que se vai substituír por un tipo CH-2500/17,5 da LMT GRN-708, no tramo da derivada ao CT Ponte (expediente 115/2008).

– Tramo liña de media tensión soterrada SBN-716B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,108 km, con orixe en cela de liña existente no CT Seixeda (expediente 51.276), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SBN-716B, no tramo entre o CT Seixeda (expediente 51.726) e a subestación de Sabón.

– Tramo liña de media tensión soterrada SBN-709B, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,308 km, con orixe en cela de liña existente no CT Seixeda (Expediente 51.276), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS SBN-709B, no tramo entre o CT Seixeda (expediente 51.726) e a subestación de Sabón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña