Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial da LAT 132 kV subestación Ludrio-subestación Meira, promovido pola empresa E.ON Distribución, S.L. e declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de febreiro de 2013.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 21.2.2013, declarar a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial denominado LAT 132 kV subestación Ludrio-subestación Meira, promovido pola empresa E.ON Distribución, S.L., para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Por tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans e proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán, polo prazo mínimo dun mes, ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na Comunidade Autónoma, e ao trámite de audiencia aos concellos afectados, resolve:

Someter a información pública o proxecto sectorial da LAT 132 kV subestación Ludrio-subestación Meira, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21.2.2013, por un prazo dun mes contado a partir da última das dúas publicacións que se farán desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

Os interesados disporán do citado prazo dun mes para examinaren o devandito proxecto sectorial na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria e nos concellos afectados da provincia de Lugo (Castro de Rei, Pol e A Pastoriza), e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas