Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013137AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 25 de setembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013137AL-OU a Adegas Chicheno, S.L.U., CIF B32317042, con domicilio na rúa Quinta de Arriba. Queizás. 32698 Verín (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Adegas Chicheno, S.L.U., CIF B32317042, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 5 de novembro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013137AL-OU.

Denunciado: Adegas Chicheno, S.L.U.

Documento de identificación: CIF B32317042.

Último domicilio coñecido: rúa Quinta de Arriba (Queizás), 32698 Verín (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, e Orde do 12.5.1987, da Xunta de Galicia.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).