Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de novembro de 2013 polo que se fai público o acordo de incoación e prego de cargos ditados no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais (clave DH.D36.43239).

Con data do 8 de outubro de 2013 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Grovense de Mejillones, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos ditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles atópase á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar las alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia