Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de novembro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 207/2013, no expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/127/2012, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, en relación co procedemento ordinario 207/2013, interposto por Enrique Cayetano Naranjo Morodo, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/127/2012, pola que se impón como responsable de obras abusivas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre unha sanción pola comisión de infracción grave tipificada na Lei de costas, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázase a Paloma Naranjo Morodo para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística