Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de novembro de 2013, da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de liquidación de prezo público que se relaciona no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo subdirector xeral de Gardacostas de Galicia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicias, sita na rúa Sar, nº 75, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

Lino Sexto Bermúdez
Subdirector xeral de Gardacostas de Galicia

ANEXO

Expediente: AI0385484 6.

Interesado: Ángel Fernández González.

Acto de notificación: resolución de liquidación de prezo público.