Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 25 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se empraza a Manuel Villaverde González para ser notificado por comparecencia para o coñecemento do acordo de suspensión da tramitación do procedemento disciplinario (expediente clave 1/2013).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación no domicilio, emprázase o interesado que se sinala no anexo deste anuncio para que compareza no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do Acordo de suspensión da tramitación do procedemento disciplinario de data 21 de novembro de 2013 ditado pola secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De transcorrer o prazo sinalado sen efectuar a comparecencia, terase por efectuada a notificación con efectos do día seguinte á data de finalización deste.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expediente: 1/2013.

Interesado: Manuel Villaverde González.

Acto de notificación: acordo de suspensión da tramitación do procedemento disciplinario de data 21 de novembro de 2013.

Último domicilio coñecido: avda. do Ejército, 70, 1º, 15006 A Coruña.