Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Riocobo número 5863.1.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 109), e no artigo 5.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación nomeada Riocobo nº 5863 que a continuación se describe:

Solicitante: Sílices de Fuentes, S.L. (Sifusa).

Domicilio social: avenida Agrupación Córdoba, 17, 14014 Córdoba.

Nome: Riocobo.

Número: 5863.1.

Situación: concello de Xermade.

Cuadrículas mineiras: 2 (dúas).

Recurso: areas e gravas de cuarzo.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértixe

Lonxitude

Latitude

1

-7° 45’ 20”

43° 21’ 40”

2

-7° 45’ 20”

43° 22’ 00”

3

-7° 44’ 40”

43° 22’ 00”

4

-7° 44’ 40”

43° 21’ 40”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar os referidos proxectos/documentos no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras), e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días a partir da última publicación realizada.

Lugo, 27 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo