Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2013/158).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Domicilio social: rúa Cardeita, nº 28, Cabanas.

Denominación: peche anel mediante LMT (3ª fase).

Situación: Cabanas.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 698 m, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3×240 mm2 Al con orixe en CT Peaje (expediente IN407A 347/2001) e CT Os Cocidos (expediente IN407A 287/2002).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña