Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2013 pola que se lle dá publicidade á formalización dun contrato (expediente 01/2013 SX).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 01/2013 SX.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18892

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo da Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 09310000-5.

d) Acordo marco: non.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 8 de maio; BOE número 117, do 16 de maio, e DOG número 93, do 16 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 86.895.920,30 euros.

5. Orzamento base de licitación: segundo o establecido na cláusula C da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de setembro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 10 de outubro de 2013.

c) Contratista: Gas Natural Comercializadora, S.A.

d) Importe de adxudicación: polos prezos unitarios do kW/h (sen incluír tarifas de acceso, nin imposto eléctrico nin IVE) para as tarifas de acceso 2.0A, 2.0DHA, 2.0DHS, 2.1A, 2.1DHA, 2.1DHS, 3.0A, 3.1A e 6.1 para os períodos 1, 2, 3, 4, 5 e 6 que figuran na resolución de adxudicación e no contrato.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: é a entidade que obtén maior puntuación tanto no relativo á valoración dos aspectos técnicos como na proposición económica.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

P.D. (Orde 26.7.2013, DOG núm. 154)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria