Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 31 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica o trámite de audiencia previo á incautación de garantía nun expediente de execución.

Segundo consta no expediente, unha vez intentada a práctica doutras notificacións á dita empresa non foi posible realizalas pola causa de ter domicilio descoñecido. Polo tanto, ao se ignorar o lugar para o efecto de notificacións, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acórdase que se proceda á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello correspondente.

As persoas interesadas poderán examinar a comunicación completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, nº 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. O dito recurso ou calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito pode interpoñerse ante esta dirección xeral ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Empresa operadora: Recreativos Raba, S.L.

CIF: B-15113921.

Último enderezo coñecido: praza do Concello, 1, 15960 Ribeira (A Coruña).

Data do trámite de audiencia: 31 de outubro de 2013.

Causa do expediente de execución: non pagamento de taxas de máquinas.