Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45799

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de xuño de 2013, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 124, do 2 de xullo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 da Resolución do 21 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 21 de xuño de 2013.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, as persoas beneficiarias están suxeitas ás normas de información e publicidade conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres, así como á xeración de referentes e xenealoxías de mulleres, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

c) Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de actividades destinadas a esta finalidade.

d) Liña 4: promoción de accións de prevención da violencia de xénero, así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinadas a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Norma reguladora: Resolución do 21 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de 32.657,15 euros, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0 do orzamento vixente deste departamento e que cofinancia ao 80 % o Fondo Social Europeo, a través do programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

Lugo, 30 de outubro de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Subvencións concedidas

Crédito asignado: 31.693,77 euros.

Liña 1: consolidación do movemento asociativo

CIF

Entidade

Importe

G27212281

Asociación Amuraxe

1.680,00

G27207117

Asociación Familiar Amas de Casa e Consumidores de Ribadeo

1.339,73

G27337120

Asociación de Mulleres Rurais Ledicia

2.680,00

G27283647

Asociación de Mulleres e Familias Rurais Lar Santa Ana

339,91

G27130103

Asociación de Viudas Carmiña Prieto Rouco

919,30

G27182989

Asociación Mulleres Rurais de Roupar

603,07

G27013697

Asociación Viudas Julia Minguillón

1.579,91

G27288703

Asociación Mulleres Rurais A Xuntanza

828,95

G27179134

Asociación Mulleres Rurais Agarimo

532,89

Liña 2: investigación e recuperación da historia das mulleres

CIF

Entidade

Importe

G27359702

Observatorio da Mariña pola Igualdade

3.000,00

Liña 3: promoción de hábitos de vida saudable

CIF

Entidade

Importe

G27309517

Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras

3.000,00

G27180231

Asociación de Mulleres de San Ciprián

3.000,00

G32282584

Asociación Familias y Mujeres del Medio Rural Galicia (Afammer)

1.007,32

G27262369

Asociación Antulla

1.500,00

G27357623

Asociación de Mulleres Rurais Amencer

1.605,63

G27178078

Asociación de Mulleres Rurais Counavia

346,48

G27162536

Asociación de Mulleres Vilalbesas Amizade

1.508,96

G27166362

Asociación de Mulleres As Angueiras

404,23

Liña 4: promoción de accións de prevención da violencia de xénero e atención ás vítimas

CIF

Entidade

Importe

G27431873

Asociación E-Deidades

3.000,00

G27405786

Asociación Mujeres Entretejidas

2.817,39