Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45797

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xuño de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 da Resolución do 14 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 14 de xuño de 2013.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, as persoas beneficiarias están suxeitas ás normas de información e publicidade conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Finalidade da axuda: favorecer e impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes mediante axudas destinadas á realización polas asociacións de nais e pais do alumnado de programas de actividades complementarias e extraescolares.

Norma reguladora: Resolución do 14 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de 27.954,11 euros, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.312G.481.0 do orzamento vixente deste departamento e que cofinancia ao 80 % o Fondo Social Europeo a través do programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

Lugo, 30 de outubro de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Subvencións concedidas

Crédito asignado: 27.954,11 euros.

CIF

Entidade

Importe

G27043033

ANPA CEIP Illa Verde

5.000,00

G27126192

ANPA CEIP Antas de Ulla

4.550,00

G27041102

ANPA Colexio Maristas A Inmaculada

4.298,36

G27019256

ANPA CEIP Sagrado Corazón

1.905,95

G27120112

ANPA Escolapios

4.936,85

G27398585

ANPA CEIP Cervo nº 1

2.577,60

G27011642

ANPA A Faxarda

1.033,54

G27219674

ANPA Laverde Ruiz

2.880,43

G27371129

ANPA CEIP Veleiro Docampo

771,38