Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (311/2013).

Número de autos: despedimento obxectivo individual 311/2013.

Demandante: Daniel Mata Fernández.

Avogado: Fernando Escariz Fernández.

Demandados: Fogasa e Limpiezas El Polígono, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 311/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Mata Fernández contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Ditame:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Daniel Mata Fernández, representado polo letrado sr. Escariz Fernández, contra a entidade Limpiezas El Polígono, S.L., que non comparece malia estar debidamente citada, e Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual. En consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a mercantil demandada a que opte pola readmisión inmediata do traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 39,43 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 11.947,29 euros.

3º. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

A secretaria xudicial