Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (694/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 694/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Ares Ramos contra a empresa Teoplac Aislamientos, S.L., María Vidal Botana e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

En Santiago de Compostela o 31 de outubro de 2013.

Visto o estado das presentes actuacións, procédese á nova sinalización dos actos de conciliación e xuízo o próximo día 10 de decembro de 2013 ás 11.10 e 11.15 horas na oficina xudicial sita na segunda planta e na sala de vistas correspondente a este xulgado sitas na rúa Berlín, s/n, de Santiago de Compostela, respectivamente.

Á vista da indagación domiciliaria cítese a codemandada Teoplac Aislamientos, S.L. a través de correo no domicilio sito no lugar de Cabovila, nº 10, Calo, 15895 Teo, A Coruña, achegando copia da demanda, cédula de citación e decreto de admisión, e para o caso de que resulte negativa a citación, cítese así mesmo a través de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Cítese a codemandada María Vidal Botana a través de correo certificado no domicilio sito no lugar da Silva, Lampai, nº 4, Teo 15886, A Coruña, achegando copia da demanda, cédula de citación e decreto de admisión.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal».

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial