Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45691

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (269/2011).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 269/2011, desta sección, seguido por instancia de Antonio Diéguez Diéguez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Nano, S.L., Excavaciones Ucediños, S.L., Mutua Fremap, Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Ruedas Richard Barco, S.L., Desmontes Richard, S.L., sobre accidente de grao, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto polo demandante Antonio Diéguez Diéguez contra a sentenza do 13 de outubro de 2010, polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos 456/2010, seguidos pola súa instancia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Mutua Fremap, Mutua La Fraternidad, Mutua Asepeyo, Pizarras Nano, S.L., Desmontes Richard, S.L., Ruedas Richard Barco, S.L. e Excavaciones Ucediños, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Ucediños, S.L., Ruedas Richard Barco, S.L. e Desmontes Richard, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento

A Coruña, 15 de outubro de 2013

A secretaria xudicial