Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución de non concesión de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012), relativa ao expediente TR341D 2012/24-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 29 de outubro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/24-2.

Nome: Joece Veridiana Pereira.

DNI/NIF: Y0989577Q.

Último enderezo coñecido: rúa Muíños de Abaixo, 12, 27740 Mondoñedo, Lugo.

Feito imputado: non acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido.

Precepto infrinxido: artigo 4.1 da Orde do 30 de decembro de 2011.

Contido da resolución: resolución do recurso de reposición, interposto contra a resolución de non concesión de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo.