Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos inicios de procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos á contratación indefinida dos parados de longa duración, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR347I 2009/5-2 e TR347I 2009/14-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle as interesadas o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidad co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle as interesadas un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de outubro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347I 2009/5-2.

Nome: Limpiezas Magdaleno Morillas e Hijos, S.L.

DNI/NIF: B27287861.

Último enderezo coñecido: rúa Francisco Moure, 65, át. H, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro desta orde por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347I 2009/14-2.

Nome: Mª Carmen Galván González.

DNI/NIF: 33845602K.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao, 78, 4º esquerda, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro desta orde por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.