Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2011/83-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: ADIF-Administrador de Infra. Ferroviarias.

Domicilio social: r/ Sor Ángela de la Cruz, nº 3, planta 8, 28020 Madrid.

Denominación: LMT de acometida ao CT do edificio técnico de control de sinalización do tramo Ourense-Santiago do corredor norte-noroeste do AVE.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT a 20 kV con orixe no apoio existente da LMTA LAL805 de Unión Fenosa, cun tramo aéreo de 127 metros con condutor LA-56, seguindo logo subterránea 4 metros con condutor RHZ1 ata o CT do edificio técnico de control de sinalización do tramo Ourense-Santiago do corredor norte-noroeste de alta velocidade situado en Lalín (07PCA) Lalín.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 28 de xuño de 2011

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra