Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:
Solicitante: ADIF, administrador de Infra. Ferroviarias.
Domicilio social: r/ Sor Ángela de la Cruz, nº 3, planta 8, 28020 Madrid.
Denominación: LMT de acometida ao CT do edificio técnico de control de sinalización do tramo Ourense-Santiago do corredor norte-noroeste do ave.
Situación: Lalín.
Características técnicas: LMT a 20 kV con orixe no apoio existente da LMTA LAL803 de Unión Fenosa, cun van aéreo de 19 metros con condutor LA-56, seguindo logo subterránea 4 metros con condutor RHZ1 ata o CT do edificio técnico de control de sinalización do tramo Ourense-Santiago do corredor norte-noroeste de alta velocidade situado en Vilar do Xestal (08PICV) Lalín.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 28 de xuño de 2011
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra