Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMT e CS rúa 8, San Cibrao.
Situación: polígono industrial San Cibrao das Viñas.
Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV, de 384 m con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMT ao CT 32CN81 naves de Fundialsa e remate na LMT ao CT 32CA41 polígono 10, con entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.
Orzamento: 17.913,68 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 28 de outubro de 2013
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial