Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2013/245-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT Carrasquedo de Abaixo-Vilaza.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 910 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aerosubterráneo proxectado nun apoio existente da LMTA VAA 708 (á altura do p.q. 17+960 da estrada PO-331) unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Carrasquedo de Abaixo, Vilaza, Gondomar.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio: 1.

Municipio: Gondomar.

Lugar: Finca do Muíño (Carrasquedo de Abaixo, Vilaza).

Titular: Ángel Hermida Fernández.

Afección: 21 m2 de solo para o centro de transformación.