Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2013/91).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20 baixo.15840 Santa Comba.

Denominación: LMTS e CT Portocarreiro II.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

O punto de conexión da liña de media tensión enterrada será no paso aéreo enterrado do apoio de nova execución HVH 15/3000 (nas coordenadas UTM-fuso 29 X=520.335 Y=4.766.018) e con final no centro de transformación e seccionamento de nova execución e obxecto do proxecto CT Portocarreiro II (nas coordenadas UTM-fuso 29 X=520.740 e Y=4.765.670). A tensión nominal será de 20 kV cun tipo de condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 240 mm2 Al e cunha lonxitude de 568 metros.

O centro de transformación situarase nunha caseta prefabricada tipo EHC-3T1D, ca cal se instalará unha cela de liña e outra de protección de trafo ambas as dúas serán modulares de illamento e corte hexafluoruro de xofre (SF6), con interruptor-seccionador de 630 A, tensión de 24 kV e 20 kV, con indicadores de presenza de tensión e con mando CTI motorizado. Tamén se instalará un conxunto de pararraios autoválvulas de 10KV-24 KV en bornes do trafo, así como un transformador de 160 kVA, con refrixeración natural en baño de aceite con tensión primaria de 20.000 voltios e tensión secundaria de 400/230 V en caseta prefabricada, tamén se instalará un cadro de baixa tensión con interruptor automático con relés de regulación.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 31 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña