Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2013/169).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: alimentación ao novo centro de seccionamento interconexión Catroventos situado no punto fronteira (Santa Comba).

Situación: Santa Comba.

Características técnicas:

– Instalación e montaxe no centro de transformación interconexión Catroventos, 3 celas de media tensión Ormazabal ou similar: 1 CML, 1 CMM (1TT bitensión) e 1 CMV.

– A caseta prefabricada de formigón interconexión Catroventos conformará o punto fronteira entre as compañías Industrial Barcalesa, S.L. e Electra de Santa Comba, S.L., polo que as súas dimensións serán suficientes para albergar o centro de transformación (IN407A 165/2013), así como o centro de seccionamento, propiedade de Electra de Santa Comba, S.L. definido neste proxecto e os equipamentos de proteccion e medida.

– Liña subterránea de alta tensión 20 kV de 0,224 km, con orixe na cela que se vai instalar no CT Catro Ventos (nº expediente IN407A 359/2001), cara ao novo CT interconexión Catroventos, simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 Al+H16).

– 1 cela de liña (CML) media tensión Ormazabal ou similar de 20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefatura territorial da Coruña