Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44710

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2013 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables, con financiamento procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, incluídos na convocatoria efectuada mediante Resolución do 9 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 76, do 16 de abril).

Antecedentes.

1. Na referida Resolución do 9 de abril de 2013, pola que se estableceron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para este exercicio a proxectos de enerxías renovables (en diante, bases reguladoras), establécese a posibilidade de solicitar axudas –entre outras– nas seguintes tecnoloxías previstas no seu anexo:

Concepto

Código

de procedemento

Enerxía solar térmica

IN421A

Enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas

IN421B

Caldeiras de biomasa

IN421D

2. Tendo en conta o carácter dinámico que se outorga ao procedemento administrativo de concesión, unha vez confirmada a reserva de fondos e a posterior presentación en prazo das solicitudes xa formalizadas, verificouse que tanto a súa documentación como os proxectos técnicos cumpren cos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Consideracións legais.

1. O departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións e correspóndelle ao director deste organismo ditar as diferentes resolucións que deriven del (artigo 12.1 das bases reguladoras).

2. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade das subvencións outorgadas. Coa publicación no DOG poderán remitirse os beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na referida páxina web.

3. A concesión das subvencións efectuarase respectando a rigorosa orde de reserva de fondos realizada a través da aplicación informática e logo de presentar a solicitude e a totalidade da documentación administrativa e técnica prevista no artigo 7.5 das bases reguladoras, sen prexuízo da posterior revisión pola Comisión Técnica de tales documentos, que podería dar lugar, se é o caso, á modificación da axuda na resolución de concesión (artigos 7.1.a) e 10 das bases reguladoras).

4. Estas axudas contan con financiamento procedente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 52 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 40 e 41.

5. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

6. Para determinar o importe do investimento subvencionado ou o custo elixible e fixar a contía máxima de axuda, atendeuse aos criterios recollidos no anexo I das bases reguladoras (Normas por tecnoloxía aplicada).

7. Salvo naqueles supostos en que os beneficiarios son particulares ou institucións que non desenvolven actividades económicas que repercutan en terceiros, observouse o disposto no artigo 23 e concordantes do Regulamento (CE) número 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE (DOUE L 214, do 9 de agosto), concretamente para a seguinte categoría exenta: axudas ao investimento para a protección do ambiente destinadas á promoción de enerxía procedente de fontes de enerxía renovables.

8. Tal e como dispón o artigo 14 das bases reguladoras, todas as axudas concedidas implican a aceptación por parte dos seus destinatarios para seren incluídos na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) do 8 de decembro de 2006, da Comisión (DOUE L 371, do 27 de decembro).

Así mesmo, como beneficiarios de axudas que contan con financiamento comunitario, deberán cumprir coas obrigas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do citado regulamento e no artigo 1, números 1) e 2), do Regulamento (CE) do 1 de setembro de 2009, da Comisión (DOUE L 250, do 23 de setembro).

De acordo con todo o anterior, e dentro do prazo previsto no artigo 13 das bases reguladoras, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A2.733A.781.7 / 08.A2.733A.781.5 / 08.A2.733A.771.5 / 08.A2.733A.781.1 e 08.A2.733A.771.6, nas distintas tipoloxías que aparecen recollidas no anexo desta resolución.

Segundo. Todos os beneficiarios poderán obter a información detallada dos requisitos da subvención concedida, accedendo ao taboleiro electrónico, a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas a instalacións enerxías renovables 2013».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 16 das bases reguladoras, se transcorresen dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comunicasen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a aceptan e, desde ese momento, adquirirán a condición de beneficiarios.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Con carácter previo e potestativo poderase interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Subvencións concedidas

IN421A - grupo I: enerxía solar térmica (eixe 4, medida 40)

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.7

Código de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421A/13R566

35207450Q

José Muñiz Fernández

4.890,00

1.120,05

IN421A/13R589

32620432S

Xoán Puentes Calvo

4.270,00

1.612,89

IN421A/13R602

32248454Q

Fernando González del Castillo González Babé

3.107,25

1.075,14

IN421B - grupo II: enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas (eixe 4, medida 40)

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.5

Código de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421B/13R135

34260946P

Roberto Vila García

5.439

1.440

IN421B - grupo II: enerxía solar fotovoltaica illada e instalacións mixtas illadas (eixe 4, medida 40)

Beneficiarios: empresas privadas

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.771.5

Código de solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421B/13R137

B36568392

Xunca Xestión, S.L.U.

6.903

2.940

IN421D - grupo IV: caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41)

Beneficiarios: familias e institucións sen ánimo de lucro

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.1

Código de

solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421D/13R1887

35301053D

Perfecto Luis Souto Torres

6.492,00

1.000,00

IN421D/13R1915

34905219M

Miguel Ángel Estévez Barbosa

5.942,00

1.200,00

IN421D/13R1930

76890668N

Benilde Vaqueiro Martínez

4.000,00

1.600,00

IN421D/13R1958

34972696T

María José Barbeito Fernández

4.487,74

1.618,61

IN421D/13R1977

33342461M

Montserrat Otero Romero

2.880,00

600,00

IN421D/13R1982

76828769Y

María Celina Arcos Peña

4.490,00

720,00

IN421D/13R1990

35423857Q

Jorge Carlos Abuín Rodríguez

13.793,50

1.920,00

IN421D/13R1991

76572640M

Esperanza Losada Roca

5.190,00

2.075,00

IN421D/13R1997

32791219G

Félix Sergio Blázquez Lozano

5.943,62

2.400,00

IN421D/13R2000

35893751C

Josefa Couso Gil

7.500,00

1.200,00

IN421D/13R2005

32620432S

Xoán Puentes Calvo

4.897,00

1.800,00

IN421D/13R2035

76416195Y

Javier Gesto Vérez

2.880,00

600,00

IN421D/13R2045

34598284M

Olga Pérez Hermida

28.640,00

4.480,00

IN421D/13R2048

47350917N

José Luis Vila Lamas

7.935,00

1.245,00

IN421D/13R2055

76724101B

María Trinidad Delgado Barreira

3.720,00

1.200,00

IN421D/13R2060

33794310L

Ángel Canto Novo

6.117,48

1.992,00

IN421D - grupo IV: caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41)

Beneficiarios: empresas privadas

Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.771.6

Código de

solicitude

NIF

Datos do solicitante

Investimento

sen IVE

(€)

Subvención

(€)

IN421D/13R1612

B70294624

Intermax Technology, S.L.

20.176,00

3.000,00

IN421D/13R1985

B32168809

Grupo Antolín Instalaciones, S.L.

16.062,90

4.480,00

IN421D/13R1995

B94049277

Agapel Pelting, S.L.

62.951,00

3.900,00

IN421D/13R2036

B32206914

Lisardo González, S.L.

29.150,00

4.480,00

IN421D/13R2038

B32376774

San Martín Forestal, S.L.

34.865,00

8.000,00

IN421D/13R2041

32762176X

Esther Rodríguez Barbeito

13.515,44

1.760,00