Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de licenza de apertura de bodega por melloras tecnolóxicas en Valdamor (Xil).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente de ampliación de licenza de apertura de establecemento de bodega para elaboración e embotellamento de viños VCPR Rías Baixas por melloras tecnolóxicas, tramitado por instancia de Cooperativa Vitivinícola Arousana, SCG, no lugar de Valdamor, nº 18, parroquia de Xil, de modo que durante un prazo de vinte días, contados a partir da última publicación no BOP ou no DOG, poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e poderá consultarse o expediente en horario de oficina.

Meaño, 12 de novembro de 2013

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa