Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a corrección de erros no anuncio de licitación para a contratación do servizo de lavandaría para o Hospital da Costa, Burela, Lugo (AB-EIL2-13-003).

Advertido erro na cláusula 4.3.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) para a contratación do servizo de lavandaría para o Hospital da Costa, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 174, con data do 12 de setembro de 2013, cómpre realizar unha nova redacción da dita cláusula e volver numerar as cláusulas 4.3.1.g) e seguintes.

Rectifícase o PCAP e publícase no perfil do contratante (www.sergas.es).

O novo prazo de 15 días naturais para a presentación de ofertas comezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do contrato no DOG e antes das 14.00 horas.

Burela, 28 de outubro de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos