Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44844

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de licitación do contrato de servizo de mantemento das instalacións de luz pública e das instalacións eléctricas do concello, incluíndo a subministración, instalación, mantemento, montaxe e desmontaxe da luz pública do Nadal.

a) Obxecto do contrato: servizo de mantemento das instalacións de luz pública e das instalacións eléctricas do concello de Miño, incluíndo a subministración, instalación, mantemento, montaxe e desmontaxe da luz pública de Nadal.

b) Procedemento: aberto, varios criterios de adxudicación. Todo empresario interesado poderá presentar unha proposición; queda excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores, de acordo co artigo 157 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

c) Orzamento de licitación:

Orzamento anual: 45.048,32 euros e 9.460,15 euros de IVE.

Orzamento máximo do contrato, incluíndo as posibles prórrogas: 270.289,92 euros máis IVE.

As proposicións económicas dos licitadores non poderán exceder este orzamento.

d) Aplicación orzamentaria: 165-227.99.

e) Duración: catro (4) anos; será prorrogable por acordo das partes por dous anos máis.

f) Lugar de entrega das proposicións: Rexistro Municipal. Concello de Miño; A Carreira, 38, 15630 Miño, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Prazo de entrega de proposicións:

Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde a última publicación oficial do anuncio de licitación. O anuncio de licitación publicarase no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no perfil do contratante.

h) Mesa de contratación: si.

i) Fianzas: non se exixe fianza provisional. Definitiva: 5 % do orzamento máximo do contrato (incluíndo as posibles prórrogas), excluído o IVE.

j) Perfil contratatante: www.concellodemino.com

Miño, 28 de outubro de 2013

Eva Vilariño González
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Facenda e Persoal