Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muras

ANUNCIO de información pública sobre proxecto técnico de construción de balsa e almacén en explotación de vacún de carne en Debodas- Caraceiro (Muras).

Elvira Pena Rodríguez, solicitou licenza municipal para levar a cabo o proxecto técnico de construción de balsa e almacén en explotación de vacún de carne en Debodas/Caraceiro, parroquia e termo municipal de Muras. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante ese prazo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún modo poidan considerarse afectadas polas actividades que se van instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Muras, 16 de outubro de 2013

Issam Alnagm Azzam
Alcalde