Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013 pola que se lle notifica a Víctor Daniel Gómez García a denegación da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do hotel denominado Casa do Arxentino, sito na rúa Cividanes 9, na localidade de Mera, no concello de Oleiros (A Coruña).

Vista a declaración responsable de clasificación turística e o inicio de actividade para o establecemento arriba sinalado, apreciáronse os seguintes

Feitos.

Primeiro. Con data do 2 de agosto de 2012, Víctor Daniel Gómez García presentou declaración responsable de clasificación turística e inicio de actividade para o establecemento descrito anteriormente.

Segundo. Con base nesa declaración, a Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia da Coruña procedeu a inscribir no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia o citado establecemento, asignándolle o código identificativo arriba sinalado.

Terceiro. A Inspección Turística da Coruña levou a cabo as comprobacións e inspeccións necesarias relativas ao cumprimento dos datos declarados para os efectos de proceder, de ser o caso, á clasificación do establecemento.

Cuarto. Segundo constata a Inspección, o establecemento non cumpre cos requisitos técnicos exixidos, polo que emite informe desfavorable.

Quinto. A Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia da Coruña, de conformidade co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deulle audiencia ao interesado para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que considerase pertinentes.

Sexto. O interesado non efectuou alegacións ningunhas.

Sétimo. A Área Provincial, á vista do informe da Inspección e tendo en conta as alegacións presentadas polo interesado, emitiu informe desfavorable para os efectos da súa clasificación turística e elevou o expediente a esta Axencia Turismo de Galicia para a súa resolución.

Fundamentos de dereito.

O artigo 44.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, establece que, unha vez presentada a declaración responsable debidamente formalizada, os órganos competentes en materia de turismo comprobarán o cumprimento dos requisitos establecidos nesta lei e nas normas regulamentarias que resulten aplicables, no prazo de tres meses contados desde a entrada da documentación completa, e resolverán sobre a conformidade ou non co declarado.

O artigo 44.2 da dita lei recolle que a comprobación polos órganos competentes en materia de turismo da inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, dos datos declarados, así como a non presentación da declaración responsable, a indispoñibilidade da documentación preceptiva ou o incumprimento dos requisitos que resulten de aplicación, determinarán a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade desde o momento en que se tiver constancia de tales feitos, en consonancia co disposto no artigo 106 desta lei, e sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houber lugar.

A mencionada lei no seu artigo 44.3 establece que a dita actuación comportará, de ser o caso, e logo da audiencia da persoa interesada, a resolución motivada de baixa do establecemento turístico, así como a cancelación da inscrición deste no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, a resolución que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga deste de restituír a situación xurídica ao momento previo ao exercicio da actividade correspondente, e deberá determinar, expresamente, a imposibilidade de presentar unha nova declaración responsable co mesmo obxecto durante o prazo mínimo de dous meses.

Polo exposto, e tendo en conta que o interesado non atendeu ao requirimento feito pola Inspección da Coruña, esta Dirección de Competitividade emite a seguinte proposta de resolución:

Dar de baixa para todos os efectos e cancelar a inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia ao establecemento denominado Casa do Arxentino, sito na rúa Cividanes 9, Mera, no concello de Oleiros (A Coruña).

A dita baixa e cancelación rexistral imposibilítao, de acordo co establecido no artigo 44.2 da mencionada Lei 7/2011, para continuar co exercicio da actividade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís e/ou administrativas a que houber lugar.

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 44.3 da mencionada Lei do turismo de Galicia, non poderá presentar nova declaración responsable co mesmo obxecto, durante o prazo mínimo de dous meses desde a notificación da presente resolución.

Unha vez vista esta proposta de resolución formulada e en virtude das competencias que teño conferidas,

RESOLVO:

Confirmar a proposta de resolución en todos os seus termos.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia