Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da obra de conversión en autovía do corredor CG-4.1. Subtreito II: p.q. 3+250-7+300.

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar os seguintes contratos administrativos:

I.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: PO/12/070.01.2 (AT/020/2013).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18933

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: contrato de AT-PC.

b) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da obra de conversión en autovía do corredor CG-4.1. Subtreito II: p.q. 3+250 -7+300.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311210-6.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: 29.5.2013 no Diario Oficial de Galicia, 25.5.2013 no Boletín Oficial del Estado y 24.5.2013 no Diario Oficial de la Unión Europea.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: Importe neto: 228.765,04 €. Importe total: 276.805,70 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24 de setembro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 29 de outubro de 2013.

c) Adxudicatario: Egis Eyser, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto: 186.946,79 €. Importe total: 226.205,62 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas