Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44680

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 24 de outubro de 2013 pola que se modifica a Orde do 21 de marzo de 2012, pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

O artigo 15 e mais a disposición derradeira primeira do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG núm. 242, do 15 de decembro), estableceron a obriga da consellería competente en materia de xustiza de aprobar mediante orde o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta, previsión que se cumpriu coa publicación no DOG do 28 de marzo de 2012 da Orde do 21 de marzo de 2012.

As necesidades estatísticas de poder distinguir o sexo dos solicitantes e as reformas introducidas polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, polo que se modifica o réxime das taxas no ámbito da Administración de xustiza e o sistema de asistencia xurídica gratuíta, aconsellan a modificación e adaptación do modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito, co fin de nos axustarmos á normativa vixente.

De acordo co anterior, en virtude da autorización conferida na disposición derradeira primeira do Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 21 de marzo de 2012 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta

O anexo da Orde do 21 de marzo de 2012 pola que se establece o modelo normalizado de solicitude de recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta queda substituído polo anexo que se aproba coa presente orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file