Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación do contrato, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada de gasto, para a subministración de produtos de alimentación no centro de atención a persoas con discapacidade de Redondela.

Esta Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación do contrato da subministración de produtos de alimentación no centro de atención a persoas con discapacidade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2ª planta.

3) Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4) Teléfonos: 986 81 77 25 - 986 81 76 47 - 986 81 76 46.

Fax: 986 81 76 83 - 986 81 76 64.

5) Perfil do contratante: htttp://www.contratosdegalicia.es/

6) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expediente: 107/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de produtos de alimentación (menús con provedor único) para o centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD), en Chapela (Redondela).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Barrio Parada, nº 87, Chapela, 36320 Redondela.

e) Prazo de execución/entrega: 1 ano (2014).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 182.640,91 € (IVE 10 %: 18.264,09 €). Importe total: 200.905,00 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: artigos 75.1.a) e 77.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sinalados no prego de cláusulas administrativas, follas de especificacións, letras E e F.

b) Outros requisitos específicos: non.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

b) Modalidade de presentación: sobres selados segundo o exixido no prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), aberto de luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 a 14.00 horas. As propostas poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data e a hora de imposición do envío, e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío. Se a documentación é presentada en calquera rexistro diferente ao sinalado, a proposta non será admitida á licitación.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses, contados desde a apertura das ofertas económicas.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra) na sala A da 2ª planta.

b) Data e hora: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación, no perfil do contratista http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

10. Outras informacións: a Administración pública poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os adxudicatarios dos contratos públicos de subministracións terán que facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen neles.

Vigo, 11 de novembro de 2013

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo