Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada de gasto, para contratar servizos de limpeza, vixilancia e lavandaría en centros dependentes desta xefatura territorial.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación dos contratos que a continuación se relacionan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º planta, 36201 Vigo (Pontevedra).

3) Teléfonos: 986 81 77 25, 986 81 76 47 e 986 81 76 46;

fax: 986 81 76 83 e 986 81 76 64.

4) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

5) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 10 expedientes que, a seguir, se relacionan:

2. Obxecto dos contratos:

a) Tipo: servizos.

b) División por lotes: non.

c) Admisión de variantes: non.

d) Descrición de cada un dos expedientes:

I. Expediente nº 101/2013: limpeza no centro sociocomunitario do Calvario.

a) Lugar de execución: rúa Numancia, nº 3, Vigo.

b) Orzamento base de licitación: 104.958,00 € (IVE 21 %: 22.041,18 €), total: 126.999,18 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.

e) CPA: 81.21.10, CPV: non.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non.

A solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigo 75.1.a) e 78.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas particulares.

II. Expediente nº 102/2013: limpeza dos centros sociocomunitarios de Coia e de Teis.

a) Lugar de execución: rúa Cangas, nº 5, Vigo e rúa Buenos Aires, nº 14, Vigo.

b) Orzamento base de licitación: 130.082,00 € (IVE 21 %: 27.317,22 €) total 157.399,22 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.

e) CPA: 81.21.10, CPV: non.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

III. Expediente nº 103/2013: limpeza dos centros sociocomunitarios de Pontevedra e de Baiona.

a) Lugar de execución: avda. Alameda, nº 6 en Pontevedra y Bº da Anunciada, s/n, en Baiona.

b) Orzamento base de licitación: 132.230,00 € (IVE 21 %: 27.768,30 €), total 159.998,30 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.

e) CPA: 81.21.10 CPV: non.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

IV. Expediente nº 104/2013: limpeza dos centros sociocomunitarios de Rivera Atienza e de Bouzas.

a) Lugar de execución: avda. Martínez Garrido, nº 19, Vigo e Recheo, s/n, en Bouzas, en Vigo.

b) Orzamento base de licitación: 122.644,00 € (IVE 21 %: 25.755,24 €), total: 148.399,24 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.

e) CPA: 81.21.10, CPV: non.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

V. Expediente nº 109/2013: limpeza do complexo residencial de atención a persoas dependentes Vigo-2.

a) Lugar de execución: estrada Madrid-Ourense, s/n (Meixoeiro) Vigo (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 192.456,00 € (IVE 21 %: 40.415,76 €), total: 232.871,76 € para 22 meses.

c) Prazo de execución: 22 meses (1.1.2014 ao 31.10.2015).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 812110, CPV: non.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

VI. Expediente nº 110/2013: limpeza da residencia de maiores de Pontevedra.

a) Lugar de execución: rúa Fernández Ladreda, nº 26, Pontevedra.

b) Orzamento base de licitación: 160.000,00 € (IVE 21 %: 33.600,00 €), total: 193.600,00 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 812110 CPV: non.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

VII. Expediente nº105/2013: vixilancia do centro de menores Avelino Montero.

a) Lugar de execución: avda. de Vigo, s/n, en Pontevedra.

b) Orzamento base de licitación: 689.256,00 € (IVE 21 %: 144.743,76 €) total: 833.999,76 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: si, 2 anos.

e) CPA: 80.10.1, CPV: 797100004-79714000-2.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: si, grupo M, subgrupo 2, categoría C.

VIII. Expediente nº106/2013: vixilancia do centro de atención a persoas con discapacidade.

a) Lugar de execución: Camiño do Gaio, nº 23, Bº Parada, Chapela-Redondela (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 122.314,00 € (IVE 21 %: 25.685.94 €), total: 147.999,94 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: si, 2 anos.

e) CPA: 80.10.1, CPV: 797100004-79714000-2.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: si, grupo M, subgrupo 2, categoría A.

IX. Expediente nº 111/2013: vixilancia da residencia xuvenil Altamar.

a) Lugar de execución: rúa Cesáreo González, nº 4, Vigo.

b) Orzamento base de licitación: 137.024,00 € (IVE 21 %: 28.775,04 €), total: 165.799,04 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: si, 2 anos.

e) CPA: 80.10.1, CPV: 797100004-79714000-2.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: si, grupo M, subgrupo 2, categoría A.

X. Expediente nº 108/2013: lavandaría do complexo residencial de atención a persoas dependentes Vigo-1.

a) Lugar de execución: Monte Arieiro, s/n, Vigo (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 148.924,00 € (IVE 21 %: 31.274,04 €), total: 180.198,04 € para dous anos.

c) Prazo de execución: 2 anos (2014-2015).

d) Admisión de prórroga: si, 6 meses.

e) CPA: 96.01.19, CPV: non.

f) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Garantías exixidas: provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

5. Presentación de ofertas de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

b) Modalidade de presentación: sobres pechados e selados, segundo o exixido no prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), aberto de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

As propostas tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data e hora da imposición do envío e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo mediante fax ou telegrama, no mesmo día e nun so envío.

Se a documentación é presentada nun rexistro diferente ao sinalado, a proposta non será admitida.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das propostas económicas.

6. Apertura de ofertas:

a) Dirección: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º planta, 36201 Vigo.

b) Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, na Sala de Xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación, no perfil do contratista http://www.contratosdegalicia.es/

7. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

8. Outras informacións: segundo se establece no prego de cláusulas administrativas, a Administración pública poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os adxudicatarios dos contratos públicos de servizos teñen que facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos.

Vigo, 11 de novembro de 2013

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo