Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013054TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 3 de setembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2013054TA-OU, a Pintos Albo, Marcos José, CIF 34983016Q, con domicilio no Grupo San Rosendo, número 67, 32800 Celanova (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Pintos Albo, Marcos José, CIF 34983016Q, con domicilio no Grupo San Rosendo, número 67, 32800 Celanova (Ourense) o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situada na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 de la citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco. Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 23 de outubro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013054TA-OU.

Denunciado: Pintos Albo, Marcos José.

Documento de identificación: 34983016Q.

Último domicilio coñecido: Grupo San Rosendo, número 67, 32800 Celanova (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: cen euros (100,00 €).