Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAM-DXI-23/11.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase mediante anuncio no DOG a resolución do procedemento á interesada que se sinala no anexo.

A interesada poderá comparecer, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, de ser o caso, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: RAM-DXI-23/11

Interesada: Novo y Sierra, S.A.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.