Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 4 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Alfonso Sabino Gándara e Saturnino Fernández Álvarez o requirimento de actuacións e presentación de documentación en relación coa concesión de explotación Cruz número 2478, situada no termo municipal de Ponteareas.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Alfonso Sabino Gándara, con DNI 35787661Y, e a Saturnino Fernández Álvarez, con DNI 34867287T, o requirimento de actuacións e presentación de documentación por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, relativas á concesión de explotación Cruz nº 2478, situada no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra).

Comunícase que o dito requirimento de actuacións e presentación de documentación atópase á súa disposición, no prazo de 10 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 4 de novembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra