Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2007/0321-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por medio desta cédula notifícaselle á empresa que se cita a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2007/0321-4.

Acta: 444/2007.

Empresa: Obrascon Huarte Lain, S.A.

NIF: A-48010573.

Enderezo: r/ Ferrol, 1, 4ª planta, A Coruña.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 1 e 3.a) e c), parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39.3.a) e c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 14.10.2013.

Resolución: multa de 18.000 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinalan, xa que noutro caso se incoará o procedemento correspondente pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 28 de outubro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo